OURENSE, 12 de xaneiro de 2021.- O Acordo aprobado no Consello de Goberno de 27 de octubro de 2020 establece que, con carácter excepcional, as probas finais da convocatoria ordinaria de febreiro de 2021 se realizarán na UNED a través do sistema de avaliación en liña mediante a aplicación Aula Virtual de Examen (AvEx). Igualmente, o citado acordo contempla a adopción de medidas excepcionais de avaliación para os seguintes colectivos de estudantes: Estudantes con discapacidade e /ou necesidades especiais, estudantes que non dispoñen de medios técnicos e tecnolóxicos, estudantes privados de liberdade e estudantes en Guinea Ecuatorial. Deste xeito, o Proxecto UNED100% continúa vixente para a convocatoria de febreiro de 2021 (véanse os documentos, previa autenticación no campus UNED, Proxecto UNED100% febreiro 2021, Proxecto UNED100%. Implementación de medidas febreiro 2021 e Cuestións frecuentes. Proxecto UNED100%). Por tanto, van convivir o sistema de avaliación en liña co de avaliación presencial nos centros asociados.
Os exames desenvolveranse nas semanas do 25 ao 29 de xaneiro e do 8 ao 12 de febreiro. Para poder realizar estas probas é necesario dispoñer da fotografía de cada estudante na súa ficha. Si non fixeche o carnet de estudante, envíanos unha foto xunto co DNI, NIE ou pasaporte a: info@ourense.uned.es ou a secretaria@ourense.uned.es. Se poden facer co móbil e con fondo neutro.
UNED Ourense
Comunicación