OURENSE, 14 de decembro de 2020.- Aredor de catrocentas persoas seguiron o Curso en liña Cultura do Viño e Gastronomía organizado pola UNED desde o seu Campus Noroeste. As conferencias foron emitidas desde os centros asociados da UNED en Lugo, Ourense, Pontevedra, Ponferrada, Palencia, Segovia e Zamora. Estas persoas matriculadas residen en distintos puntos de España e do estranxeiro. Por segundo ano consecutivo comprobouse o éxito que conlevan iniciativas como esta. O ano pasado foi tamén moi exitoso o curso sobre os camiños de Santiago. O Campus Noroeste da UNED ten múltiples recursos para mostrar académicamente dada a riqueza natural, patrimonial e histórica do seu territorio: Asturias, Castela e León , Estremadura e Galicia. A continuación ofrecemos todas as conferencias que tiveron lugar no curso para disfrute do público, por orde cronolóxica.
Venres, 6 de novembro:
Presentación do curso no Centro Asociado de Segovia
· Dr. Víctor M. González Sánchez Director do Campus Noroeste da UNED
Binomio e Armonía, Salud e Pracer (C. A. UNED Segovia)
· José María Ruiz Benito Empresario e restaurador. Premio "Alimentos de España a la Restauración 2019"
martes, 10 de novembro:
O Patrimonio e a Cultura do Viño nos Museos (C. A. UNED Pontevedra)
xoves, 12 de novembro:
Visións que suman: Tecnoloxía e turismo sostible no mundo do viño (C. A. UNED Ponferrada)
· Oscar Cela Cobo Enxeñeiro e emprendedor
· Olga Verde Vieitez Presidenta Bierzo Enoturismo
venres, 13 de novembro:
Cultura do viño e gastronomía (C. A. UNED Ourense)
· Jorge Vila Fundador e director de Galicia.wine
martes, 17 de novembro:
· David Muriel Alonso Director da Escola Superior de Enoturismo de CyL
venres, 20 de novembro:
Reducción da pegada de carbono: Viños Ecolóxicos e Biodinámicos (C. A. UNED Lugo)
· Enrique Santiago Pérez Espino Enxeñeiro de Montes e Técnico Superior de Enoloxía
venres, 27 de novembro:
Tres produtos zamoranos de excelencia: viño, queixo e leitón. Clausura desde o C. A. UNED Zamora
· Manuel Fariña Bodegueiro das DO. Toro, tierra del Vino e Arribes
· Félix Vicente Pastor Queixeiro. D. Queso Zamorano
· José María Esbec Restaurador, propietario de restaurante
UNED Ourense
Comunicación