Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Formación Permanente UNED, cando a túa vocación é ensinar 

18 de noviembre de 2020

A UNED abre dous camiños para as e os mestres e profesores de todos os niveis do ensino obrigatorio ou non obrigatorio que queren actualizar os seus coñecementos en distintas materias ou dar o salto á xestión de centros educativos ou, mesmo, á resolución de conflitos entre estudantes e docentes ou estudantes entre si.

OURENSE, 18 de novembro de 2020.- Trátase dos 95 certificados de Formación do Profesorado, que ensancharán o seu curriculum cara o Ministerio de Educación, e os 98 títulos propios impartidos en la Facultad de Educación. Les unen los requisitos previos: todos exigen ser graduados o licenciados. Les diferencian el número de créditos, traducidos a horas de estudo, necesarios para obter a titulación.

Así é, así se estudia en Formación Permanente

Todos os cursos de Formación do Profesorado

Todos os programas en Educación

Os certificados de Formación do Profesorado están dirixidos a profesionais do ensino, pero non restrinxidos únicamente a eles, tamén se abren a profesionais de outras áreas -enxeñeiros, arquitectos, sanitarios, psicólogos…- que nun momento dado opten por trasmitir o que saben a alumnos ou colegas e satisfacer así a súa vocación de ensinantes. O obxectivo é actualizar os seus coñecementos como medio de capacitación e promoción profesional ou pola satisfacción dunha mellora persoal.

A maioría dos cursos constan de 6 créditos, 150 horas de dedicación ao estudo, con algunha excepción, como o de Actualización de Competencias Directivas, con 5 créditos, 125 horas; ou o de Economy and Politics of Climate Change / Economía e Política do Cambio Climático, con versións en inglés e castelán e 3 créditos, 75 horas.

Na súa maior parte son posgraos cun único epígrafe, mais tres deles seguen a estrutura modular: Bibliotecas escolares, con certificado de Formación do Profesorado en Evaluación e diagnóstico de bibliotecas escolares, 6 créditos; Experto Universitario en Actualización e renovación de bibliotecas escolares, 20 créditos e Especialista en Dinamización e consultoría de bibliotecas escolares, con 35 créditos. E Liderazgo do Profesor, con O docente como líder, de 6 créditos ou o Experto Universitario Liderazgo do Profesor, con 15 créditos esixidos.

As áreas de coñecemento? Múltiples e estratificadas, para que calquer profesional que teña determinados coñecementos e afán de ensinalos sexa quen de transmitilos empregando as fórmulas máis vangardistas do noso sistema educativo: diplomacia educativa, sintaxe, depresión na infancia e adolescencia, nanociencia, marxismo, latín, grego, aplicacións móbiles e domótica, estratexas de ensino-aprendizaxe, motivación do estudante, pronunciación do inglés, emprego no cine, atención á diversidade, creación de contidos dixitais educativos, culturas escolares mundiais, migracións históricas e actuais, dificultades para a aprendizaxe das Matemáticas, educación física, a orixe das palabras, ética da xestión pública, fabricación aditiva, escola inclusiva, seguridade e defensa, Arte en femenino, robótica, intelixencia emocional, bioinformática, algoritmos, novos materiais tecnolóxicos, organización de centros educativos innovadores, pricoanálise, prehistoria, química insólita, realidade virtual e realidad aumentada…

Para acceder a calquera destes programas é preciso ser licenciado, graduado, diplomado, enxeéiro ou arquitecto técnico. Tamén pode seguirse sen contar con estes requisitos previos, pero entón non obterá o título de Formación do Profesora senón un certificado de aproveitamento.

Ensinar a ensinar eñar

Os títulos propios da Facultade de Educación, que engloban os máis característicos de Formación do Profesorado, seguen os modelos do resto de facultades e imparten desde Ensino Aberto, accesible con 5 crédito, ata Mestrado que esixe 60 como mínimo. Nun mundo impulsado por grandes cambios non cabe o profesor alleo ao uso das tecnoloxías punteiras ou distraído en canto a investigacións innovadoras na súa  área de coñecemento, por iso a actualización resulta imprescindible para incrementar a calidade do maxisterio. Sexa cal sexa o tempo dispoñible para o estudo, contando coas 25 horas que na UNED se consideran necesarias para a obtención dun crédito, cada profesor ou profesora, cada mestra ou mestre poderá elixir o programa que lle axudará na súa vocación de ensinante. 

Vexamos algúns exemplos deses programas modulares e títulos únicos que permitirán ao profesor ou profesora, á mestra oo ao mestre afondar nun concepto determinado ou optimizar os seus coñecementos na disciplina que ensina ou aspira a ensinar e dotarano das ferramentas para facelo: 

  • Acción Socioeducativa con Colectivos Vulnerables: Familia, infancia, adolescencia e xuventude, con 5 titulacións de Experto Universitario, de 20 créditos
  • Acollemento Residencial: Sistema de Protección e Atención Socioeducativa en Centros de Menores;
  • Intervención Socioeducativa con Familia e Infancia en Risco;
  • Intervención Socioeducativa con Nenos e Adolescentes con Trastornos de Conduta;
  • Intervención Socioeducativa para a Inclusión Social desde a Actividade Física e o Deporte;
  • Xustiza xuvenil: Oportunidades e estratexias para o cambio;
  • Xustiza xuvenil: Oportunidades e estratexias para o cambio;
  • E o Mestrado en Acción Socioeducativa con Colectivos Vulnerables: Familia, Infancia, Adolescencia e Xuventude, con 60 créditos.
Outro exemplo, esta vez o programa de Preparación de oposicións para o acceso ao corpo de mestres/as de infantil e primaria (A2) e profesores/as de ensino secundario (A1), con dúas titulacións de Experto Universitario dispoñibles, que esixen 15 créditos:
  • E o Mestrado en Acción Socioeducativa con Colectivos Vulnerables: Familia, Infancia, Adolescencia e Xuventude, con 60 créditos.
  • Innovación e estratexias docentes para o deseño da programación didáctica;
  • Innovación e estratexias docentes para o deseño da unidade didáctica

En canto aos títulos propios únicos podes elixir entre Animación á lectura 2.0 e os outros 97 programas que compoñen a oferta da Facultade de Educación. Coñéceos, decídete e convírtete no profesor ou profesora, no mestre ou mestra que todos quixemos ter. 

Aida Fernández

Comunicación UNED

Campus NoroesteVisítanos
Canal UNEDAccede
Sede ElectrónicaAccede
Oficina de PrácticasOficina Prácticas
Librería Virtual UNEDAccede
Convocatoria Venia Docendi 2024-2025Accede
UNIDIS DiscapacidadAccede
Calendario académico 2024-2025Accede
BibliotecaAccede
Horarios OurenseHorarios OurenseHorarios OurenseHorarios A RuaHorarios A Rua
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es