OURENSE, 17 de novembro de 2020.-Os títulos propios da UNED foron deseñados para que poidas acceder á profesión que desexas ou ascender na que xa exerces. Nos seus programas modulares ou coas súas propostas únicas, converteraste en Experto ou Especialista Universitario ou conseguirás o teu título de Máster. Prepárate para poñer o mundo da lei nas túas mans.
Así é, así se estuda en Formación Permanente
Todos os programas en Dereito
Para acceder ao título de Experto Universitario tes dous camiños. Un, ser xa graduado, licenciado, enxeñeiro ou enxeñeiro técnico e cursar entre 20 e 30 créditos. E dous, de forma excepcional, co mesmo número de créditos, e previo informe favorable do director do curso e do vicerreitorado, presentado un curriculum- vitae que avale a túa experiencia profesional no sector e coa proba de acceso á universidade superada. Para ser Especialista Universitario necesitarás 40 créditos e para o título de Máster entre 60 e 70 créditos segundo área de coñecemento. En algunhas, poucas, áreas de coñecemento, propóñense tamén certificados de Ensino Aberto ou Experto Profesional, que responden á demanda de persoas que non teñen formación universitaria previa na materia e esixen unicamente completar 5 ou entre 20 e 30 créditos respectivamente. A UNED instaurou como criterio que un crédito equivale a 25 horas de dedicación ao Estudo.
Vexamos un exemplo de programa modular:
A área de Xestión de sanidade ambiental en edificios conta con 10 títulos segundo o número de créditos cursados e os coñecementos acreditados previamente. O certificado de Ensino Aberto, que conseguirás con 5 créditos, 125 horas de estudo aproximadamente, ofrece:
Outros títulos que podes obter neste apartado legal é o Diploma de Experto profesional en Xestión de Sanidade Ambiental en Edificios, para o que precisas 30 créditos; o Diploma de Especialista Universitario en Xestión de Sanidade Ambiental de Edificios, con 40 créditos.
A diversidade e facilidade de acceso deste campo de especialización pódese comparar con outro, que require maior especialización, como o programa modular de Malos Tratos e Violencia de Xénero. Unha Visión Multidisciplinar, con 3 titulacións homónimas dispoñibles:
As propostas modulares de Formación Permanente, como a deste exemplo, non son as únicas, xa que hai moitos máis títulos con distintas acreditacións, requisitos de acceso e número de créditos a completar. Consulta a oferta da Facultade de Dereito da UNED e deseña con eles o teu futuro profesional.
Aida Fernández
Comunicación UNED