OURENSE, 13 de xullo de 2020.- O profesor titor de UNED Ourense e profesor da Uvigo, José Antonio Fraiz Brea e a profesora Noelia Araujo, son os directores do libro Actividade turística Española en 2018, na súa edición de 2019. Divídese en cinco apartados nos que os seus autores abarcan a conxuntura económica, a xestión pública, a evolución turística en cada Comunidade e Ciudad Autónoma, as tipoloxías turísticas e un dicionario de conceptos actualizados. Entre as conclusións xerais, os responsables do informe apuntan como “o turismo segue contribuíndo amplamente ao PIB español, máis dun 11%, mantendo o seu status de sector crave na economía e emprego estatal”, resalta Fráiz. Cada ano España bate o récord na chegada de turistas internacionais, superando no ano 2018 os 80 millóns.
O principal apartado está dedicado á análise por territorios e nel destacan como a oferta se mantén pero aumenta a demanda. No caso de Galicia, segundo este estudo científico, os datos son bos, especialmente positivos nos cinco primeiros meses de 2018. Naquel tempo, esta comunidade dispoñía duns 11.600 aloxamentos turísticos de todo tipo e unha demanda de 10,2 millóns de pernoitas, segundo o Clúster de Turismo de Galicia. Ademais de Santiago de Compostela, no informe destacan os magníficos resultados de Vigo e Sanxenxo con ocupacións superiores ao 90%; e no caso de Ourense, a Ribeira Sacra, con case un 80% de ocupación, cifra excelente @teniendo en cuenta que é unha zona do interior de Galicia.
Este estudo destaca o auxe do turismo rural, aumento dado especialmente en Cataluña, Andalucía e Aragón, e o de cruceiros cuxa cifra de pasaxeiros en 2018 foi de dez millóns. Tampouco falta o turismo enolóxico, que aumentou un 20% respecto ao ano 2017; o turismo do cinema que está a arrincar con moita forza sobre todo en Canarias, e o turismo da neve que se incrementou un 7%. Outros asuntos tratados no presente estudo son o impacto do Brexit no sector así como a sustentabilidade á que tamén o sector turístico ha de tender.
Premio
O xurado do Premio da Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo ( AECIT) ao mellor artigo científico considerou por unanimidade como o mellor e gañador do premio ao artigo: Dimensions of destination competitiveness: Analyses of protected areas in Spain. Journal of cleaner production entre cuxos autores está o profesor titor Fráiz Brea, ao que acompañan: Blanco- Cerradelo, L., Gueimonde-Canto, A. e Diéguez-Castrillón, M. I. Neste artigo analizouse unha mostra de 102 áreas protexidas en España (Parques Nacionais, Parques Naturais e Reservas de Biosfera). Os resultados obtidos permiten afirmar que a competitividade turística das áreas protexidas componse de cinco dimensións relacionadas significativa e positivamente: a súa capacidade para atraer visitantes; o benestar social da comunidade local e a sustentabilidade turística relacionada coa preservación da natureza, a creación dun sentimento de comunidade e o benestar económico da comunidade local.
UNED Ourense
Comunicación