Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O catedrático Jesús de Juana abre en Benavente o curso UNED sobre o Camiño Meridional

1 de abril de 2024

UNED Zamora e UNED Ourense inauguran o martes 2 de abril un ciclo de seis conferencias para promocionar este camiño de peregrinación que terá sesións tamén en Rionegro del Puente, Puebla de Sanabria, Verín, Allariz e Ourense. Poderá seguirse presencialmente ou en liña. Ao acto de apertura asistirán os presidentes de ambas as dúas deputacións provinciais. Hai xa 225 persoas inscritas entre elas de Rusia, Estados Unidos, Francia e Países Baixos.

OURENSE, 1 de abril de 2024. Este martes, día 2 de abril, UNED Ourense e UNED Zamora inaugurarán a primeira edición do curso Os Camiños de Santiago: o Camiño Mozárabe ou Meridional nas provincias de Zamora e Ourense, que consistirá en seis sesións a impartir en: Benavente, Rionegro del Puente e Puebla de Sanabria, na provincia zamorana, e Verín, Allariz e Ourense, en territorio galego. O acto inaugural será ás 19:00 horas na Casa da Cultura na cidade de Benavente. Abrirá a sesión a súa  alcaldesa, Beatriz Asensio Boyano. De seguido intervirá en nome dos dous directores da UNED, o de UNED Ourense, doutor Jesús Manuel García Díaz. No acto estará igualmente o director zamorano, doutor Antonio Rodríguez González. Contarase tamén coa intervención do presidente da Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor Pérez, ao que seguirán as palabras do seu homólogo na Diputación Provincial de Zamora, Javier Faúndez Domínguez.

A continuación tomará a palabra Juan Andrés Blanco, para presentar ao relator, Jesús de Juana López. Ambos os dous son catedráticos en Historia Contemporánea. De Juana ofrecerá a conferencia titulada:  A creación de Santiago como punto de peregrinación da cristiandade occidental .

Tanto a esta conferencia como ás outras cinco restantes que ofrecerá este curso, pódese asistir presencialmente ou en liña, para o cal é necesario inscribirse gratuitamente pinchando aquí.

Das 225 persoas que xa formalizaron a súa inscripción, participarán cidadáns desde distintos puntos de España e do resto do mundo. Así, hai unha persoa que seguirá as conferencias desde Moscú, outra desde o estado norteamericano de Illinois. Outro fará o seguemento desde París. Desde os Países Baixos inscribiuse outra persoa. Desde o territorio nacional apuntáronse, entre outras, 22 persoas en Madrid; 7 en Barcelona, Las Palmas de Gran Canaria; Málaga e Pontevedra; 8 en Valencia. Hai inscritos en Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Galicia, Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco e A Rioxa.     

Jesús de Juana López é catedrático emérito de Historia Contemporánea da Uvigo. Foi también profesor adxunto e titular da USC así como da Universidade de Rennes 2, Haute Bretagne (Francia). Igualmente foi investigador no Arquivo de Asuntos Exteriores de París e dos Arquivos Nacionais de Francia. Participou nunha vintena de proxectos nacionais e autonómicos especialmente relacionados coa Segunda República, o franquismo, a transición á democracia, a biografía, a Historia de Galicia e de Ourense; a emigración e a prensa. Posúe máis de 150 publicacións. Foi vicerreitor do Campus de Ourense, deputado no Congreso da VI Lexislatura durante dous meses de 1996, Gobernador civil de Ourense (1996-1997) e Subdelegado do Goberno en Ourense (1997-2000). 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es