Mapa web
Youtube
Campus UNED

O profesor titor da UNED Miguel Guerra desvelará no Ateneo de Ourense a importancia da Filosofía 

6 de November de 2018

A conferencia terá lugar este xoves, día 8, ás 20.00 horas no segundo andar do Centro Cultural Marcos Valcárcel

OURENSE, 6 de novembro de 2018.- Nestes tempos nos que a Filosofía semella moeda de cambio no sistema educativo non universitario español,  este campo tan importante do coñecemento será protagonista da man do profesor titor da  UNED en Ourense, Miguel Guerra Rodríguez. Guerra disertará no Ateneo desta cidade o xoves, día 8 de novembro, ás oito da tarde. O título da conferencia é Filosofía:  Unha  viaxe  pola Historia  do  pensamento humano. O acto terá lugar na segunda planta do Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde provisionalmente áchase o Ateneo de Ourense.

A conferencia está organizada polo Ateneo ourensán e conta coa colaboración da Deputación e do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Miguel Guerra é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Salamanca, tamén é licenciado en Psicoloxía pola mesma universidade, ademais de ser por esta alma  mater  máster en Psicoloxía Clínica e especialista universitario en Atención Temperá. Como docente impartiu preto de medio centenar de cursos, desde técnicas de venda e procura de emprego ata comunicación humana, comunicación e atención ao paciente ou de habilidades de autonomía persoal e social, entre outros moitos. Impartiu 29 conferencias sobre a súa especialidade desde o ano 1996 ademais de presentar unha ducia de comunicacións noutros tantos congresos científicos. Asistiu a 110 actividades formativas no ámbito da Psicoloxía. Conta con catro publicacións científicas e é socio fundador de UNICEF, Fundación  Meniños, Cruz  Vermella e  AFAOR. Guerra Rodríguez leva seis anos como profesor titor da  UNED e desenvolve o seu labor docente tanto no Centro Asociado de Ourense como no de Lugo.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense 32001 Ourense - Ourense. Tel. 988371444 info@ourense.uned.es