Mapa web
Youtube
Campus UNED

A UNED ofrece un curso de preparación e coidados do embarazo analizando os aspectos mái salientables 

27 de mayo de 2019

Consta de 30 horas, ten un total de 40 prazas e celebrarase en novembro no Centro Asociado de Ourense

OURENSE, 27 de maio de 2019.- O Centro Asociado á UNED en Ourense organiza un curso de verán Introdución á preparación  perinatal, de 30 horas de formación (20 presenciais e 10 a distancia), a cargo de expertas psicólogas  perinatais.  A actividade  desenvolverase de luns  a venres  en horario de 16.30 a 20.30 horas nas instalacións da UNED en Ourense e foi declarada de interese sanitario pola Consellería de  Sanidade. As prazas están limitadas en 40. Os destinatarios son calquera estudante de Psicoloxía, Educación Social, Pedagoxía e Traballo Social; calquera persoa titulada en Psicoloxía, Enfermería (matronas), Medicina (psiquiatría), Traballo Social, Psicopedagoxía, Pedagoxía, Educación Social e outros profesionais relacionados coa maternidade e interesados en xeral na materia.

O prezo da matrícula é de 65 euros a ordinaria, os estudantes da UNED e os doutras universidades pagarán 55 euros (achegando copia da matrícula vixente). O mesmo prezo establécese para aquelas persoas pertencentes a colexios profesionais de Psicoloxía, Enfermería, Medicina, Traballo Social e Educación Social (achegar copia do carné do colexio ou certificado do colexio profesional). Discapacitados e persoas desempregadas: 45 euros.

En canto ao programa, que se desenvolverá en horario de tarde, a primeira xornada, iniciarase ás 16:30 horas cunha intervención da psicóloga xeral sanitaria e  perinatal Iria  Carnoto  Figal, para falar acerca da Xestación e infertilidade. Técnicas de reprodución asistida. Ás 18.30 horas tomará a substitución  Yudit González  Nuñez, licenciada en  Psícoloxía clínica e coordinadora do Programa de Integración Familiar en Ourense da Fundación  Meniños. Esta docente disertará sobre Adopción.

O día seguinte, martes, intervirá Andrea Rodríguez Freire, psicóloga xeral sanitaria e  perinatal, para falar do Embarazo. A súa charla verase complementada, ás 18.30 horas, con outra sobre  Psicopatoloxía do embarazo, que a dará Iria  Carnoto.

Para o terceiro día,  Andrea Rodríguez  Freire falará de Perdas  xestacionais e  perinatais, desde as 16.30 horas. Dúas horas máis tarde Natalia  Guedella Sebastián, psicóloga especializada en Saúde Mental  Perinatal, Intervención Familiar, Feminidade e Contos explicará o Parto. Xa o día posterior, tocaranse dous temas, o primeiro, o  Postparto, con Miguel Guerra Rodríguez, titor de Psicoloxía en UNED Ourense; Iria  Carnoto, Natalia  Guedella e Andrea Rodríguez. A continuación falarase de O papel do pai. Outro modelo de parentalidade é posible,  con Natalia  Guedella.

A última xornada do curso, que coincidirá en venres, Andrea Rodríguez explicará a  Psicopatoloxía do postparto, mentres que  Yudit González expoñerá o tema Nacemento dunha familia.

Este curso foi declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Está dirixido por Jose Maríaa Faílde Garrido, doutor en Psicoloxía e profesor titular da Facultade de Educación (Universidade de Vigo) na área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos. O coordinador é Miguel Guerra Rodríguez, profesor titor de Psicoloxía en UNED Ourense.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense 32001 Ourense - Ourense. Tel. 988371444 info@ourense.uned.es