Mapa web
Youtube
UNED

A UNED realiza máis de 300.000 exames en 122 países

18 de febrero de 2021

En total fixéronse 309.664 exames en liña a estudantes a través da aplicación AvEx. Isto supón máis do dobre dos que se realizaron en xuño de 2020, na que se empregou este sistema por primeira vez. A participación de estudantes presentados aumentou en 11 puntos porcentuais, dun 55,6% a un 66,7% con respecto á mesma convocatoria do ano anterior. Ademais, o número de exames presenciais dentro do Proxecto UNED100% desta convocatoria foi de 2.624. Estas cifras globais recollen os exames de Graos, Micrograos, Mestrados e Acceso.

OURENSE, 18 de febreiro de 2021.-Unha vez pasados os exames de febreiro facemos balance do que foi esta convocatoria na que se examinaron estudantes de 122 países dos 5 continentes. Ademais de España, os países que achegan maior número de estudantes son Colombia, Perú, #Ecuador, Venezuela, México, Arxentina e EEUU. Do continente europeo, principalmente son de Inglaterra, Bélxica, Francia, Italia, Alemaña e Suíza. 

O éxito desta convocatoria, ademais de duplicar o número de exames respecto a xuño, vén dado polo Proxecto UNED100% posto en marcha anteriormente nas convocatorias de xuño e setembro de 2020. O seu principal obxectivo foi o pleno acceso á avaliación de todos os estudantes da UNED na convocatoria de febreiro de 2021, sen deixar a ninguén atrás, independentemente das súas circunstancias persoais, a súa dispoñibilidade de medios propios, técnicos e ou tecnolóxicos ou o lugar no que se atopen. 

Para iso púxose en marcha un censo de estudantes afectados (censo UNED100%) coa idea de adoptar as medidas necesarias para garantir a avaliación de todo o estudantado. 

Os estudantes con discapacidade (na UNED estuda case o 40% do total do sistema universitario español) ou con necesidades especiais que non poden acceder aos exames en liña puidéronse examinar de forma presencial nos centros UNED, con todas as garantías sanitarias. Os que non contaban con medios técnicos e tecnolóxicos tamén contaron con apoio para poder examinarse. 

Os que forman parte do programa de centros penais, uns 1.000 estudantes, examináronse de forma presencial nos centros penais excepto nos que a situación sociosanitaria non o permitiu. Os Graos máis demandados son os de Dereito, Administración e Dirección de Empresas, Psicoloxía, Xeografía e Historia e o acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos. 

 Neste apartado, tamén destacar aos estudantes de Guinea Ecuatorial onde as circunstancias sanitarias non impediron que se examinen de forma presencial no Centro UNED de Bata e Malabo a través da aplicación AvEx. Son estudantes principalmente do Grao de Economía, Dereito, Psicoloxía e Administración e Dirección de Empresas. Para o vicerreitor de estudantes da UNED, Alberto Mingo, “a UNED realizou un importante esforzo tecnolóxico e humano para garantir unha avaliación universal e de calidade a todos os seus estudantes, sen deixar a ninguén atrás”. A realización das probas “supuxo un gran traballo en equipo das distintas unidades implicadas no desenvolvemento dos exames, especialmente por Secretaría Xeral. Este arduo labor viuse referendada por unhas cifras que reflicten o extraordinario volume de probas e estudantes involucrados nesta convocatoria de exames de febreiro”, subliñou. Con respecto ás incidencias, nesta convocatoria reducíronse nun 30% respecto as da convocatoria ordinaria de xuño 2020, pasando dun 1,2% ao 0,85%, ofrecendo en cada caso unha resposta individualizada.

UNED

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es