Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Visita institucional de Tráfico e Garda Civil a UNED Ourense

10 de enero de 2024

O xefe provincial de Tráfico,  o capitán deste sector e un tenente, ambos os dous da Garda Civil reuníronse co director do centro universitario para activar varias iniciativas de colaboración.

OURENSE, 10 de xaneiro de 2024. O xefe provincial de Tráfico, David Llorente Rey, acompañado polo capitán da Garda Civil de Tráfico, Javier Barja Álvarez e polo tenente da Garda Civil, Juan Carlos Nogueiras Iglesias, fixo unha visita oficial á sede de UNED Ourense, onde foron recibidos polo seu director, Jesús Manuel García Díaz. Os catro mantiveron unha reunión da que saíron varios proxectos conxuntos que se irán desenvolvendo ao longo do curso académico. Tanto por parte dos responsables de Tráfico na nosa provincia como por parte de UNED Ourense, hai moi boa sintonía para establecer unha colaboración institucional sólida, que, como di García Díaz, redunde sempre en beneficio da sociedade ourensá.

O sector do Tráfico é moi amplo no sentido que pode xerar varias accións formativas para diversos colectivos cidadáns. E nisto están ambas as partes. As accións que realice a UNED, ademais de dar opción a conseguir créditos ECTS, poden chegar a todo o mundo dado que se van a emitir. Dese xeito, moitos cursos da nosa universidade en Ourense exceden as fronteiras da provincia e mesmo do país. Jesús Manuel García salientou o eco que a UNED pode dar e dá a este tipo de actividades que levan o nome da nosa terra por todas partes. O director agradeceu esta disposición de colaboración por parte das tres autoridades de Tráfico e da Garda Civil. O encontro desta mañá foi moi satisfactorio para ambas as partes polo novo camiño que se abre.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es