Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Jorge Vila repasou desde UNED Ourense as características dos viños e a súa maridaxe cos principais pratos da nosa mesa provincial

13 de noviembre de 2020

O relator participou no ciclo que o Campus Noroeste da Universidade Nacional de Educación a Distancia dedica este ano ao mundo do viño e a gastronomía en Galicia, Castela e León, Asturias e Extremadura

OURENSE, 13 de novembro de 2020.- Para todo o Campus Noroeste da UNED, é dicir, para os 14 centros que o integran en Galicia, Asturias,  Castela e León e Estremadura, emitiuse a conferencia de Jorge Vila desde UNED Ourense dedicada a exaltar as catro denominacións de orixe do viño e a gastronomía ourensás. E gustou ao público que seguiu a ponencia online. O relator foi presentado polo director de UNED Ourense, Jesús Manuel García, que sinalou que é fundador e director do portal Galicia.wine; enxeñeiro superior de telecomunicacións pola Uvigo, titulado con Distinción en Nivel 3 polo Wnine& Spirit  Education Trust; formador homologado por WSET para impartir os niveis 1 e 2; socio fundador, xerente e docente do Instituto do Viño Galego entre os anos 2010 e 2018. Jorge Vila tamén está diplomado como Experto Formador pola Universitdade Ramón  Llul, ten un Máster en Seguridade da Información pola Universidade de Deusto, está especializado en Márketing pola Escola de Negocios Afundación e ICEMD. Tamén está homologado como formador na DO Cava e na  DO Xerez.

Jorge Vila iniciou o seu relatorio citando a  produción de Galicia neste ano, que é de 60millóns de quilos de uva. A porcentaxe por denominacións de orixe é a seguinte:

  • D.O. Rías Baixas - 55%
  • D.O. Ribeiro - 15%
  • D.O. Valdeorras - 10%
  • D.O. Monterrei - 10%
  • D.O. Ribeira Sacra – 10%

O relator ofreceu datos históricos do cultivo do viño na nosa provincia, desde os romanos “de cuxa cultura nos quedan lagares escavados en roca, vasillas, etc”. Xa nos séculos V e VI consolídase o cultivo da vide. Os  suevos trouxeron o albariño de Centroeuropa e establecéronse ermidas na Ribeira Sacra. Sobre ano 1000 produciuse un rexurdir do cultivo importante. Na Idade Media, mosteiros e nobres expandiron o cultivo e chegou a fama a través do Camiño de Santiago. Nos séculos  XV e  XVI houbo esplendor do Ribeiro, con fama en toda Europa. Os seus viños exportáronse desde os portos de Pontevedra e A Coruña. En 1579 ditáronse as primeiras regulacións para evitar fraudes en España. En 1592 hai constancia de embarque de viño ourensán con destino a América desde Ferrol. Miguel de Cervantes nomea o Ribeiro nas súas novelas.

A finais do século XIX xurdiron  pragas que arrasaron o viñedo e introducíronse híbridos e variedades foráneas máis resistentes, o que tamén favoreceu unha perda de personalidade. Ata mediados do século XXproduciuse a emigración e, con ela, o abandono por escasa rendibilidade. Na segunda metade deuse a recuperación do viñedo para produción de autoconsumo e viños a granel. Desde finais do  XXata hoxe dáse un renacemento con recuperación de variedades autóctonas e novastécnicas de cultivo e elaboración.

Jorge Vila citou a constitución das denominacións de orixe galegas:

  • 1932 - D.O. Ribeiro recollida na lei e en 1956 o ConselloRegulador.
  • 1945 - D.O. Valdeorras.
  • 1980 - D.O. Rías Baixas, primeiro nome “Albariño” e RíasBaixas (1988).
  • 1994 - D.O. Monterrei.
  • 1996 - D.O. Ribeira Sacra.

E mencionou tamén as principais variedades:

Albariño

Moi  afrutado,

elevada acidez

Chans areosos e choivas copiosas

Godello

Maduración temperá

Viños con corpo e notas herbáceas

Chans secos e cálidos

Treixadura

Menor acidez

Froiteira e floral

Mencía

Aromas a froitas vermellas

Bo equilibrio alcol-acidez

“Hoxe en Galicia temos ata 67 variedades autóctonas de uva”, sinalou o relator.

Nesta conferencia dirixida a todo o Campus Noroeste da UNED, Vila mencionou o clima das diferentes denominacións de orixe galegas. Así, o atlántico é propio de  Rías Baixas, tamén do Ribeiro, aínda que con características mediterráneas, o mesmo que sucede en Valdeorras. Ribeira Sacra ten clima continental e atlántico mentres que Monterrei teno continental mediterráneo.

Ao percorrer as denominacións presentes na provincia ourensá, Jorge Vila comezou pola D.O.Ribeira Sacra, que ocupa 2.500 hectáreas de viñedo cun desnivel de ata o 90%, con algunhas  viñas que teñen só acceso desde o río. O número de adegas rolda o centenar.

As variedades nesta zona son as seguintes: Brancas (10%): Godello,  Loureira,  Treixadura, Dona Branca, Albariño, Torrontés, Branco  Lexítimo e Caíño Branco.

Tintas:  Mencia, Brancellao, Merenzao,  Sousón, Caíño Tinto,Caíño  Longo e Caíño Bravo. Garnacha Tintorera,  Mouratón, Tempranillo e Gran Negro.

O chan é de granito e areas no val do Miño, e de lousas e arxilas no val do Sil. O seu clima non é homoxéneo pois varía nas cinco subzonas segundo orientación e altitude. Deste xeito, expuxo o relator, no  Val do Miño a  pluviometría é de 900 mm/ano e a temperatura media, de 14º C. No val do Sil a pluviometría é de 700mm /ano e a temperatura media de 13º C.

En canto ao estilo de viño, a Ribeira Sacra presenta tintos atlánticos con aromas a froitas vermellas e de bosque, e bo equilibrio alcol-acidez. Algúns deles con máis estrutura e crianza en barrica. Os brancos teñen madurez, corpo e aromas a froitas de óso.

A D.O. Valdeorras ocupa unha superficie de 1.300 hectáreas en oito municipios do oriente da provincia de Ourense, seguindo o curso do río Sil. As súas altitudes oscilan entre os 300 e os 700 metros. Nalgunhas zonas danse bancais, é o caso do Bibei e Xares. O número de adegas rolda as 40.

En canto a variedades, nesta zona, en brancas (60%), predominan  Godello, Dona  Branca e Palomino. E en tintas: Mencía e Sousón.  Brancellao,  Merenzao ou María  Ardoña, Negreda, Garnacha  Tintorera, Alacante,  Tempranillo e Grao Negro.

O chan valdeorrés presenta variedade pois hai tipos pizarrosos (cálidos e aromas minerais); graníticos (varietales e fríos) e aluviais (cálidos e ricos). Tamén se rexistran pequenos afloramientos calizos na zona norte. O clima na D.O. Valdeorras é de invernos fríos, veráns cálidos e outonos e primaveras suaves. As precipitacións están ao redor dos 900 mm anuais e a temperatura media é de 11º C.

No que ao estilo de viño refírese figura o Godello, desde viños vibrantes a outros con máis corpo e estrutura;  afrutados, con notas herbáceas e minerais, e crianza sobre leas é habitual. Son viños con máis calidez (tintos) pero tamén frescos en altitudes elevadas e chans de granito. A D.O. Monterrei ocupa 600 hectáreas de viñedo en cinco municipios do SE ourensán ao longo do río Támega, que é afluente do Douro e cruza a zona de norte a sur. Distínguense dúas subzonas, unha no Val de Monterrei e a outra na Ladeira de Monterrei. O número de adegas é, segundo Vila, de 26.

O 65% das variedades son Brancas: Doa  Branca, Godello e  Treixadura. Tamén hai Albariño, Branca de Monterrei,  CaiñoBlanco e  Loureira. En tintas, figuranMencía e  Merenzao, con Caíño Tinto, Sousón e Tempranillo (Araúxa). Tres son os tipos de chan nesta zona: lousa e xisto (aromáticos e aguantan seca); granito areoso (ideais para brancos) e sedimentarios (mestura de materiais).

O clima en Monterrei é mediterráneo con tendencia continental. Os seus veráns son calorosos e secos e os invernos, fríos. Danse considerables oscilacións térmicas, de ata 30º C durante a época de maduración. No que aos estilos de viños refírese, o relator explicou que predominan Godello e Mencía, con maior madurez e alcol e menor acidez e frescura. Mencía é un viño con notas de froitas vermellas maduras, mesmo de froitas negras. E o  Godello é menos herbáceo e con máis notas de froita tropical.

Por último, a D.O.Ribeiro, ocupa unha superficie aproximada de 2.500 hectáreas repartidas entres vales regados polos ríos Miño, Arnoia e Avia. O Océano Atlántico queda a 45 quilómetros.

A altitude é de entre 75 e 400 metros. Dáse o  minifundio coa existencia de 5.500 viticultorese 120 adegas, máis acusado na zona do Arnoia. As variedades aquí son as seguintes: Brancas: Treixadura, Torrontés, Godello, Albariño, Loureira, Lado e CaíñoBlanco, Palomino e Albillo. En Tintas: Caíño  longo, Caíño bravo, Caíño tinto, Ferrón, Sousón, Mencía e Brancellao.Tamén hai  Garnacha tintorera e Tempranillo. ”Os viños tostados branco e tinto só se dan a partir das variedades autóctonas”, sinalou Jorge Vila no seu relatorio na UNED.

O chan é de sábrego e xisto, pero tamén hai chans aluviais cunha profundidade inferior ao metro, e bancais en non poucas zonas. No Ribeiro o clima é mediterráneo con influencia atlántica. Existen cadeas montañosas que fan que o clima sexa máis mediterráneo e tamén que teña un carácter máis atlántico ao ascender polas ladeiras e val do Miño. As temperaturas presentan unha media anual de 14,5º C cunha importante diferenza entre o día e a noite. Isto implica unha maduración lenta, fresca e aromática. A choiva non é excesiva, pois o rexistro é de 950 mm/ano.

O estilo de viño ribeiro é de menor acidez e maior madurez alcohólica e aromática ao ser unha zona cálida e con menor precipitación que as Rías Baixas. É un viño máis floral que o desta última denominación e só presenta un 10% de tintos.

Gastronomía

Jorge Vila maridou esta riqueza de caldos ourensáns con algúns dos pratos máis típicos da terra. Así, poden combinarse co polbo á  feira, co cocido galego, tamén co  lacón con grelos, o  porco celta, a  lamprea guisada; a empanada de zamburiñas, a empanada de iscos e con sobremesas como as bicas de Castro Caldelas, Laza ou Trives sen esquecer os almendoados de Allariz.

Estas son as conferencias que se van emitir nos próximos días, dentro do Ciclo Cultura do Viño e Gastronomía:

  • martes, 17 de novembro
    • 19:00-20:30h. Enoturismo y desarrollo rural en Castilla y León, el modelo de rutas delvino  (C. A. UNED Palencia)
      • David Muriel Alonso,  director da Escuela Superior de Enoturismo de CyL
  • viernes, 20 de noviembro
    • 19:00-20:30h. Reducción de la huella de carbono: Vinos Ecológicos y Biodinámicos (C. A. UNED Lugo)
      • Enrique Santiago Pérez Espino, enxeñeiro de Montes e Técnico Superior de Enoloxía
  • viernes, 27 de novembro
    • 19:00-20:30h. Tres productos zamoranos de excelencia: vino, queso y lechazo. Clausura desde el C. A. UNED Zamora
      • Manuel Fariña, adegueiro das DO. Toro, tierra del Vino e Arribes
      • Félix Vicente Pastor,  queixeiro. D. Queso Zamorano
      • José María Esbec,  restaurador, propietario de restaurante 

Para conectarse e seguir os relatorios, preme aquí.

  UNED Ourense

  Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es