Mapa web
Youtube
Campus UNED

A UNED organiza en Ourense un curso de metodoloxía e intervención con persoas recluídas

22 de enero de 2019

Comprende varias sesións os venres e sábados desde o 15 de febreiro ata o 12 de abril con técnicos de APES

OURENSE, 22 de xaneiro de 2019.- A  UNED vai celebrar a segunda edición do Curso sobre Metodoloxía de Intervención con Persoas Recluídas, do 15 de febreiro ao 12 de abril de 2019, cuxas sesións van impartir técnicos da Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES). Con esta iniciativa preténdese abordar a intervención con persoas recluídas desde unha perspectiva  socioeducativa enfocada a favorecer o coñecemento do medio penal e das persoas que cumpren privación de liberdade, así como do proceso de cambio polo que transita quen cometeu un delito e debe cumprir unha condena. As sesións desenvolveranse o en Centro Asociado á  UNED en Ourense, os venres, e no Centro Cívico A Ponte, os sábados. Consta de 70 horas lectivas, con dous créditos  ECTS en trámite. Poderán matricularse 40 alumnos. Os estudantes (universitarios, ciclos FP) alleos á  UNED deberán achegar xustificante de matrícula do curso vixente 2018-2019.  As persoas desempregadas teñen que achegar o documento xustificativo da súa situación. Este curso foi declarado de interese turístico sanitario pola Xunta de Galicia.

A taxa da matrícula ordinaria é de 70 euros, sendo de 50 euros para os estudantes da  UNED, tamén para os da  Uvigo e os de ciclos de FP, e de 35 euros para os demandantes de emprego. O prazo de matrícula finalizará o 12 de febreiro.

O programa é o seguinte: o venres, 15 de febreiro, de 16:30 a 18:30  h., tratarase acerca dos programas de intervención de institucións penais en España, concretamente os que se integran no tratamento penal español. O relator será Jesús Alberto Carballo Bouzas Licenciado en Psicoloxía e Titor na  UNED de Ourense. De 18:30 a20:30  h. Laura Suárez Acuña Educadora Social de Asociación para a Prevención e a Educación Social e  técnico do Programa Reincorpora, disertará sobre o achegamento a un programa específico con persoas privadas de liberdade.

O sábado, 16 de febreiro, a xornada comezará ás 10.00, ata as 14.00 horas. O tema para tratar é Delito e delincuente,  contextualizar para comprender o medio e aquí entrarán as teorías explicativas do feito delituoso así como a análise de dúas teorías actuais que explican o delito e reflexionarase acerca de se se aprende a delincuencia. Intervirá  Olenka Fernández Jiménez, licenciada en Psicoloxía e Grao en  Criminoloxía.

O venres, 22 de febreiro, Borja  Fariñas Igrexas graduado en  Psicologia, desde as 16:30 ata as 20:30 horas explicará o caso da inmigración en prisión e o delito visto polo delincuente.

O sábado, 23 de febreiro estará dedicado a coñecer a entrevista  motivacional, cun enfoque de aproximación á realidade do recluso, o seu obxectivo e técnicas para unha entrevista efectiva,  en horario de 10:00 a 14:00  h., con  Andrés  Porto Vilas Míguez, educador social e  técnico especialista en adiccións así como en procesos  de cambio. As dinámicas e o estudo práctico deste tipo de entrevista se reserva para o venres, 8 de marzo, de 16:30 a 20:30 horas, co mesmo relator.

En marzo, o sábado, día 9,  de marzo, entre as 10.00 e as 14.00  falarase sobre o proceso de cambio, a importancia de comprender á persoa recluída, con  Andrés Porto Vilas Míguez. O día 15, venres, de 16.30 a 20.30 horas, o citado relator tratará o posicionamento profesional da intervención  socioeducativa. E ao día seguinte, en horario matinal, Porto Vilas tratará o proceso de cambio, intervención e apoio nunha primeira sesión, deixando para a tarde do venres, 22 de marzo, a segunda.

As ferramentas técnicas para unha intervención adecuada individual, a revisión e posta en común do traballo persoal será o tema elixido para o sábado, 23 de marzo, pola mañá, mentres que a intervención  grupal e algunhas dinámicas efectivas explicaranse o venres 29 de marzo, no xa coñecido horario vespertino. Este tema terá a súa continuación ao día seguinte, sábado, 30 de marzo, todas estas sesións, con  Andrés Porto. Este docente estará de igual modo o venres, 5 de abril, para falar do seguemento da intervención profesional baseada en obxectivos; ao día seguinte mostrará sistemas de avaliación técnica e medición de obxectivos do profesional. O último relatorio previsto neste curso está prevista para o venres, 12 de abril, en horario vespertino, para que Laura Suárez Acuña, educadora social da Asociación para a Prevención e a Educación Social e  técnico do   Programa Reincorpora, leve a cabo a xornada Ponte nos meus zapatos. Faladoiro con persoas recluídas e ex recluídas.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense 32001 Ourense - Ourense. Tel. 988371444 info@ourense.uned.es