Mapa web
Youtube
Campus UNED

O Carballiño acolle a primeira xornada informativa Que é a  UNED?

17 de enero de 2019

O 23 de xaneiro, ás  20.00 horas, na sede do Concello haberá unha xornada que poderá celebrarse en cantas comarcas se solicite, para achegar os estudos universitarios a distancia a todos os ourensáns

OURENSE, 17 de xaneiro de 2019.-A  UNED de Ourense, no seu empeño por achegarse  a todos os sectores da nosa sociedade provincial, lanza a xornada informativa Que é a  UNED? , que vai dirixida a todos aqueles colectivos sociais que se interesen por estudar a distancia un grao, un máster, cursos de extensión ou matricularse na  UNED  Senior. Esta iniciativa vaise estrear na vila de O Carballiño, e terá lugar o día 23 de xaneiro, ás oito da tarde, no salón de plenos do Concello. A asistencia será libre.

O acto consistirá nunha intervención do director do Centro Asociado á  UNED en Ourense-Aula Universitaria de Valdeorras, Jesús Manuel García, para amosar o potencial desta Universidade, a que máis alumnos ten de España. Proxectarase un vídeo institucional e mostrarase aos asistentes o programa de bolsas, matrículas e condicións para ser alumno da  UNED. Tamén asistirá outro profesional do Centro Asociado para resolver calquera dúbida que poidan expor os asistentes. Igualmente contarase con participarana dous  egresados desta Universidade para contar a súa experiencia. O alcalde, Francisco  Fumega, acompañará á delegación da  UNED nesta sesión.

Este primeiro paso da devandita xornada informativa solicitouse desde a vila do Arenteiro pola Asociación de Venezolanos no Carballiño. O  Concello sumouse e poderán facerse presentes cuantos veciños estean interesados en estudar na  UNED. De igual xeito, esta iniciativa poderá repetirse en cantas vilas ou bisbarras da provincia amosen o seu interese en acollela.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense 32001 Ourense - Ourense. Tel. 988371444 info@ourense.uned.es