Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Novos títulos na UNED: en marcha o Micrograo en Historia de España

3 de julio de 2020

A UNED pon en marcha o Micrograo en Historia de España, un novo título ao que se irán incorporando outros do seu mesmo perfil, deseñados polas distintas Facultades e Escolas. Os microtítulos nacen para cubrir a demanda detectada pola universidade de estudantes interesados en especializarse en distintas áreas do coñecemento sen necesidade de facer un Grao ou Mestrado completo.

OURENSE, 3 de xullo de 2020.- No caso do Micrograo en Historia de España, o microtítulo está dirixido a aqueles estudantes que queiran coñecer en profundidade os acontecementos ocurridos en determinadas épocas ou determinas áreas territoriais do país, pero que non están interesados noutras materias que se imparten no Grao de Xeografía e Historia. Vai dirixido tamén a egresados noutras disciplinas que senten un especial interese na nosa historia ou que o ven como un complemento á súa formación. Os 46 créditos ECTS que compoñen este título sumaranse ao expediente dos que queiran logo completar o Grao. A matrícula poderá realizarse a partir do 1 de setembro de 2020.

Poñamos que vostede, graduado en Historia da Arte, coñece todo o entramado de presuntas relacións entre Goya e a duquesa de Alba que deu orixe ás dúas majas, a espida e a vestida; coñece tamén todo sobre a emulación da deusa Venus na pose coa que o pintor retrata á modelo, todo sobre esa cabeza inexpresiva que non se corresponde co resto do cuadro e todo sobre a innovación técnica que o artista maño legaría á pintura mundial. Nembargantes, tal vez non é capaz de documentar con acerto as batallas ganadas, as intrigas pacegas, o exercizo do poder e os centos de homes mortos nas campañas do duque de Alba, ou integrar a impresionante obra de don Francisco de Goya y Lucientes nesa convulsa época, a cabalo entre os séculos XVIII e XIX, marcados pola  Primeira Revolución Industrial, a Ilustración, os cambios de dinastías e os seus todopoderosos ministros, que determinaron a economía, a ciencia, a sociedade e, en definitiva, a Historia de España.

Para cubrir este lapso de coñecementos, sea vostede graduado en cualquera das Ciencias sociais, científicas, artísticas ou técnicas, ou sexa éste o seu xeito de acceso á formación universitaria, a UNED deseñou os microtítulos (micrograos uo micromestrados). Destinado a incorporar coñecemento específico nunha materia durante dous semestres, o Micrograo en Historia de España aportará ao estudante o título en Micrograo e dotarao de 46 créditos ETCS, os cuais se computan si no futuro decide completar os créditos para obter o Grao Oficial en Xeografía e Historia pola UNED.

Micrograo en Historia de España ofrece 15 materias: Prehistoria da Península Ibérica; Prehistoria Recente da Península Ibérica; Cultura Material desde a Antiguedade Tardía á Época Industrial; Antiga, desde as colonizacións ata o s. III D.C; Clásica, de Iberia a Hispania; Antiga, Tardoimperial e Visigoda; Medieval, séculos VIII- XIII e si séculos XIV e XV; Moderna, de 1469 a 1665 e 1665 a 1808; de América Moderna; Contemporánea de España 1808-1923; Xeografía de España; Xeografía Rexional de España; Contemporánea, a partir de 1923.

Todas elas contan cono Grao de Xeografía e Historia, cos seus case 50 anos de consolidacióney os 14.600 estudantes do curso 2020/21. A maiores,todas son optativas e aportan 5 créditos, agás Xeografía de España, obrigatoria e con 6 créditos. Desta maneira o propio estudante pode elaborar o seu propio programa, ata completar os 46 créditos necesarios para obter o título de Micrograo en Historia de España.

A UNED, a maior universidade española cos seus 200.000 estudantes e o maior campus europeo, con 61 sedes nacionais e 12 no extranxeiro, baseada na educación superior combinada online e semipresencial, completa coa fórmula de microtítulos unha oferta que aposta por “non deixar a ninguén atrás” e facilita o acceso á formación superior a toda aquela persoa que demostre o seu interese e as súas capacidades, independentemente da súa situación económica, laboral, familiar, ubicación territorial ou funcionalidade física.

prazo de admisión para Graos e Mestrados permanece aberto.

matrícula en microtítulos abrirase o vineiro 1 de setembro de 2020

Aida Fernández

Comunicación UNED

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es