Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O xoves, 7 de novembro, remata o prazo de matrícula na UNED

4 de noviembre de 2019

Todas as xestións poderán realizarse na web da Universidade para cursar estudos oficiais de grao, doutorado e mestrado, así como para os cursos de acceso de maiores de 25, 40 e 45 anos

OURENSE, 4 de novembro de 2019.- O vindeiro xoves finaliza o prazo de matrícula na oferta de estudos superiores que presenta a UNED, así como quen desexe inscribirse nos cursos de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos. Aínda queda tempo para que quenes estean en dúbida ou aínda non se decidiron, poidan formalizar a matrícula que lles abrirá o acceso a 25 graos e 75 mestrados, ademais dos programas de doutoramento, que constitúen o terceiro ciclo dos estudos universitarios oficiais, conducentes á adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación científica de calidade. Os Programas de Doutoramento son un conxunto de actividades conducentes á adquisición das competencias e habilidades necesarias para a obtención do título de Doutor, tendo por obxecto o desenvolvemento dos distintos aspectos formativos do doutorando e establecendo os procedementos e liñas de investigación para o desenvolvemento de teses doutorais. Estudar na UNED é unha acción de responsabilidade e prestixio. Quen acode a esta Universidade son conscientes do traballo que han de afrontar para sacar adiante as materias nas que se matriculan. Como os propios egresados confirman, o seu paso pola Universidade Nacional de Educación a Distancia exercitoulles na autodisciplina e autoorganización que logo lles proporciona o triunfo final dos seus estudos, dada a organización da UNED, a súa complexidade, que á vez fai que o estudante non senta só. Esta Universidade, que a punto está de cumprir os seus primeiros 50 anos, adáptase a todos e cada un dos seus estudantes, a través de UNIDIS (Centro de Atención a Universitarios con Discapacidade). Trátase dun servizo dependente do Vicerreitorado de Estudantes e Emprendemento da UNED, cuxo obxectivo principal é que os estudantes con discapacidade que desexen cursar estudos nesta Universidade, poidan gozar das mesmas oportunidades que o resto de estudantes da UNED. Na seguinte ligazón pódese acceder á área de matrículas da nosa Universidade:

https://www.uned.es/universidad/inicio/estudios.html

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es