Mapa web
Youtube
Campus UNED

A  UNED organiza a conferencia "O complexo rupestre de San Pedro de Rocas ¿A Tebaida de Occidente?"

24 de diciembre de 2018

Celebrarase no Liceo, o día 27, ás 20.00 horas, e os relatores serán os investigadores ourensáns, Jorge López Quiroga e Natalia Figueiras  Pimentel

OURENSE, 17 de decembro de 2018.- A  UNED súmase á programación cultural do Nadal da cidade de Ourense achegando unha conferencia que mostrará as últimas investigacións científicas levadas a cabo no mosteiro de Rocas baixo o título O complexo rupestre de San Pedro de Rocas ¿A Tebaida de Occidente?, que exporán os investigadores ourensáns, Jorge López Quiroga (Universidade Autónoma de Madrid) e Natalia Figueiras  Pimentel (Universidade Pablo Olavide, Sevilla). Esta conferencia celebrarase o día 27 de decembro, ás 20.00 horas, no Salón Nobre do Liceo de Ourense.

San Pedro de Rocas constitúe un dos lugares emblemáticos da Ribeira Sacra e, con todo, foron moitos os interrogantes que planearon sobre este singular complexo rupestre. No marco do proxecto de investigación transdisciplinar que Quiroga e Figueiras veñen desenvolvendo, presentarán as primeiras conclusións resultantes do emprego das Ciencias Aplicadas ao Patrimonio Cultural: arqueometría, infoarquitectura (representación 3D), arqueoloxía da arquitectura, técnicas de análises de laboratorio, teledetección espacial e sistemas de información xeográfica ( SIG).

Os autores preguntan se se pode demostrar as orixes anacoréticas e  eremíticas de San Pedro de Rocas desde un punto de vista material ¿É probable que esteamos ante outra Tebaida, como a exipcia, pero esta en Occidente, en Ourense? Son cuestións que expoñen os autores da investigación e que espertarán o interese do público. Esta conferencia axudaranos a coñecer un pouco máis este monumento singular situado no municipio ourensán de Esgos, como ata agora non se coñecía.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense 32001 Ourense - Ourense. Tel. 988371444 info@ourense.uned.es