Mapa web
Youtube
UNED

O ministro Castells e o reitor Mairal presiden a apertura do curso 20/21

13 de octubre de 2020

Será o14 de outubro, ás 09:00 horas, e poderá seguirse en liña polo Canal UNED. A lección maxistral versará sobre Intelixencia Artificial

OURENSE, 13 de outubro de 2020.-O ministro de Universidades, Manuel Castells Oliván, asistirá á apertura do curso 2020/2021 xunto ao reitor, Ricardo Mairal Usón, este mércores, 14 de outubro, ás 09:00 horas, nunha cerimonia online que poderá seguirse no Canal UNED. O acto contará coas intervencións da Secretaría Xeral, que repasará a adaptación da UNED á crise sociosanitaria da COVID 19, e da profesora Felisa Verdejo Maíllo, cuxa conferencia tratará de Intelixencia Artificial. 

  

Participa na cerimonia con Canal UNED 

  

Manuel Castells Oliván, ministro de Universidades, e o reitor  Ricardo Mairal Usón abrirán o curso 2020/2021 nun acto online durante o que a Secretaria Xeral da UNED, Rebeca de Juan Díaz, aparte de reportar contas do último ano lectivo, repasará o esforzo de innovación e renovación tecnolóxica afrontado pola UNED a causa da crise da COVID 19, dos logros obtidos e  o recoñecemento social recibido. 

  

A lección maxistral, titulada “Otea el paisaje mientras subes a la montaña”, correrá a cargo da catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos da ETSI Informática da UNED Felisa Verdejo Maíllo, que analizará as fortalezas e debilidades, as metas acadadas e os retos a afrontar pola IA en sí mesma e polas súas capacidades de interacción e activación de outras disciplinas. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es