Mapa web
Youtube
Campus UNED

A Facultade de Dereito da UNED convoca o 19 Premio de Artículos Jurídicos García Goyena 

1 de julio de 2019

Establécese un primeiro e segundo galardón dotados con 2.400 e 1.200 euros respectivamente

OURENSE, 1 de xullo de 2019.- A Facultade de Dereito da UNED convoca a  decimonovena edición do Premio de Artigos Xurídicos García  Goyena, no curso 2019-2020. Poderán concorrer todos os licenciados e graduados en Dereito, españois ou estranxeiros, con excepción de quen desempeñe tarefas docentes ou investigadoras na sede da Facultade de Dereito da UNED en Madrid.

Concederase un primeiro e segundo premios e tres accésit para os artigos presentados. O primeiro premio é de 2.400 euros e o segundo, de 1.200 euros. En todos os casos, á dotación económica acompañarase a publicación na Revista Dixital da Facultade de Dereito da UNED; tamén se publicarán, no seu caso, os tres accésit.

Os traballos, redactados en castelán, deberán versar sobre un tema ou liña directriz que se dirá en cada convocatoria. Tal liña directriz será o suficientemente ampla como para que desde as máis diversas disciplinas xurídicas poida escribirse sobre ela; pero garantirá así mesmo una certa homoxeneidade na temática daqueles.

Na convocatoria específica para este próximo curso a liña directriz será: Solucións xurídicas ante os retos da innovación.

Na seguinte ligazón pódense consultar os 18 puntos das bases: https://contenido.uned.es/derecho/premios_garcia_goyena/diptico_2019.pdf

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense 32001 Ourense - Ourense. Tel. 988371444 info@ourense.uned.es