Mapa web
Youtube
Campus UNED

O subdelegado de Defensa en Ourense impartiu na UNED un relatorio sobre ciberseguridade nas Forzas Armadas

26 de October de 2018

Gustavo Doncel falou do novo contexto do ciberespacio e a necesidade de concienciación social para evitar vulnerabilidades

OURENSE, 26 de outubro de 2018.- O subdelegado de Defensa en Ourense e Coronel do Exército de Terra, Gustavo Doncel Paredes, estivo no Centro Asociado á UNED de Ourense impartindo un relatorio sobre Ciberseguridade nas Forzas Armadas, dentro das actividades que se veñen realizando ao longo de mes no curso de Seguridade Informática II, organizado por este Centro. Na exposición, Doncel repasou a ciberseguridade no eido militar, estrutura dos organismos españois que se encargan da mesma, á vez que analizou os riscos que supoñen os ataques informáticos para as infraestruturas dun país e para os seus cidadáns. 

O relator puxo de manifesto a aparición dun novo contexto, o ciberespazo, así como os plans estratéxicos da OTAN para facer fronte aos novos desafíos que aparecen no mesmo. Finalmente o relator fixo fincapé na necesidade da concienciación e adestramento nas tecnoloxías da información (computadores, móbiles, tablets…) dos usuarios xa que supoñen un punto vulnerable no manexo das mesmas. 

 A presenza de Doncel espertou interese entre os alumnos deste curso. O subdelegado de defensa foi recibido na UNED polo director do Centro Asociado, Jesús Manuel García, en compaña do coordenador de Tecnoloxía e responsable do curso de Seguridade Informática II, José Luis Fernández. Este curso é un dos moitos que a UNED desenvolve en Ourense ao longo do ano, ofertando aos cidadáns un amplo abanico de temas.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense 32001 Ourense - Ourense. Tel. 988371444 info@ourense.uned.es