Mapa web
Youtube
Campus UNED

Trescentas persoas participaron nas actividades de Extensión Universitaria da UNED en Ourense no primeiro trimestre do curso

8 de marzo de 2019

As sesións desenvolvéronse durante 58 días con 244 horas lectivas na capital así como en Barbadás, Leiro, A Rúa, Verín e Xinzo

OURENSE, 8 de marzo de 2019.- Trescentas persoas participaron nas actividades de Extension Universitaria da UNED celebradas en Ourense entre os meses de outubro e decembro do ano 2018. Tanto na capital como na provincia tiveron lugar dez accións que se prolongaron durante 58 días de formación repartidos en 244 horas lectivas.

Entre os matriculados houbo 167 homes e 133 mulleres. Os lugares onde se impartiron estas actividades son: Verín, con tres, debido á implantación da aula de Cata de Viños baixo a coordinación de Luís  Paadín. Séguenlle, con dúas actividades cada unha, Ourense (cursos de seguridade informática e conferencia sobre as últimas investigacións realizadas no complexo rupestre de San Pedro de Rocas), e Xinzo de Limia, onde tivo lugar o curso de Iniciación e Perfeccionamento de Dirección de Banda de Música (ambos os dous con alumnos e docentes do estranxeiro).

En Leiro desenvolveuse un curso de extensión universitaria centrado no seu patrimonio cultural e natural, en Barbadáshoubo outro adicado á sensibilización contra a violencia machista e por último, na vila da Rúa o primeiro trimestre do presenta curso académico deixou un ciclo de técnicas de Viticultura.

As actividades de Extensión Universitaria son moi importantes no Centro Asociado á  UNED en Ourense e a súa Aula Universitaria de Valdeorras, situada na Rúa.

Desde os seus inicios, a  UNED veu desenvolvendo un considerable número de cursos, seminarios, xornadas, congresos, etc. Que, á marxe dos estudos  conducentes á obtención de títulos oficiais, foron valorados moi positivamente pola comunidade universitaria e pola sociedade. Na súa organización e promoción desempeñaron un papel esencial os Centros Asociados, como lle de Ourense, comprometidos co progreso social, económico e educativo da súa contorna a través da difusión da cultura e a atención ás demandas educativas, científicas e profesionais dos cidadáns.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense 32001 Ourense - Ourense. Tel. 988371444 info@ourense.uned.es