Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED organiza un curso de seguridade laboral, biodinámica e produción integrada no sector vitivinícola

15 de mayo de 2020

Celebrarase en liña desde el Aula de A Rúa os días 11, 12 e 19 de xuño en horario de tarde

OURENSE, 15 de maio de 2020.- UNED Ourense organiza un curso básico de seguridade laboral, biodinámica e produción integrada no sector vitivinícola. Terá lugar do 11 ao 19 de xuño na súa Aula da Rúa. Este sector posúe varias particularidades que requiren dun coñecemento específico á hora de implementar un plan de Prevención de Riscos Laborais, que implica melloras na calidade do viño. Na produción integrada garántese ao consumidor un produto máis sostible e respectuoso co medio ambiente. Por ese motivo en Galicia a produción integrada en viñedo está regulada desde o ano 2005. O fenómeno da viticultura biodinámica tenta tratar desde un enfoque ético, espiritual e ecolóxico á agricultura, a produción de alimentos e a nutrición. UNED Ourense sendo consciente de todo iso, brinda este curso que se vai desenvolver sempre en horario de tarde, desde as 17.00 ata as 21.00 horas na sala 8 da Aula Universitaria da vila ruesa.

Consta de 15 horas lectivas que se poden cursar presencialmente ou en liña. O programa é o seguinte: o xoves, 11 de xuño, esta primeira xornada estará centrada na produción integrada, na que o enxeñeiro técnico agrícola Ricardo Dobao Macía, explicará a produción integrada en viño, a introdución á produción integrada no viñedo; a normativa e requisitos técnicos así como a produción integrada de industrias de elaboración de viño.

O venres, 12 de xuño, o tema será a prevención de riscos laborais en viticultura. O relator neste caso será Jesús Manuel Álvarez Rodríguez, máster en Prevención de Riscos Laborais pola UNED. Explicará que é a Prevención de Riscos Laborais (PRL), as boas prácticas en PRL no sector vitivinícola. Conceptos básicos; a prevención especifica na vendima e nas adegas; os riscos en zonas de traballo, os trastornos muscoesqueléticos e manipulación de cargas para finalizar cos primeiros auxilios e os EPIS.

 A terceira sesión está prevista para o venres, 19 de xuño, na que o tema para desenvolver é o da Biodinámica. A xornada correrá a cargo do enxeñeiro técnico agrícola, Enrique Santiago Pérez Espiño. Comezará facendo unha introdución acerca das diferenzas cos métodos tradicionais, ecolóxico, natural. A continuación falará de Astrología, da influencia da lúa nos movementos da sabia; do calendario biodinámico e os preparados biodinámicos.

Para inscribirse neste curso hai que facelo escribindo ao correo electrónico info@a-rua.uned.es.

A modalidade presencial só ten cabida para un máximo de 7 persoas que deberán ir provistas das medidas de seguridade sanitaria vixentes debido á pandemia de COVID-19.

A matrícula ten un prezo único de 35 euros e formalízase online. Este curso vai dirixido a profesionais e estudantes do sector vitivinícola e interesados en xeral na materia. Os seus obxectivos son tres: dar a coñecer unhas nocións básicas sobre a seguridade laboral no sector vitivinícola como un elemento crave para conseguir un viño de calidade; entender a viticultura biodinámica como unha evolución natural da viticultura ecolóxica e comprender a produción integrada como un sistema de produción agraria máis próxima á elaboración tradicional pero que non ten por que ser ecolóxica.

 A iniciativa, de cuxa dirección se encarga María José López Cid, profesora titora de Psicoloxía e coordinadora na aula da Rúa, está organizada por UNED Ourense e conta coa colaboración do Concello da Rúa.

Outra cita online o próximo 23 de maio

O sábado 23 maio desenvolverase a parte online da práctica de poda en verde, do curso que quedou pendente de viticultura debido ao Estado de Alarma. Os matriculados van conectar para seguir unha sesión na que os docentes emitirán o vídeo que gravaron recentemente mostrando a práctica en viña, e vana a explicar na aula. 

UNED Ourense

Comunicación

74a561579b3a44748e3a194743e05d9c
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es