Mapa web
Youtube
Campus UNED

A UNED e a Uvigo ofrecen unhas xornadas científicas sobre a transición democrática

1 de marzo de 2019

O papel das dereitas e o da Igrexa no tardofranquismo e tra-la morte do dictador será tratado por profesores como Julio Prada, José Ramón Rodríguez Lago, Roberto Blanco Valdés e José Luis Barreiro Rivas os días 11 e 12 de marzo

OURENSE, de febreiro de 2019.- As Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, organizadas polo grupo de investigación HC1 da Facultade de Historia de Ourense en colaboración coa  UNED, gozan dunha longa tradición dentro do panorama  historiográfico galego. Nesta edición abordan o papel das dereitas e da Igrexa católica no  tardofranquismo e a transición á democracia, as claves políticas, económicas e sociais do proceso de transición e o debate actual ao redor da vixencia e a reforma da Constitución de 1978.Terán lugar os días 11 e 12 de marzo, no Salón de Graos do Edificio de  Ferro no Campus de Ourense. Consta de 10 horas lectivas e 0,5 créditos  ECTS. As sesións serán todas presenciais.

En canto ao programa, o luns, 11 de marzo, ás 16.30 horas, será a recepción de participantes e inauguración das xornadas. Ás 16.30 horas comezará o primeiro relatorio a cargo de Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela, sobre Vixencia e reforma da Constitución española.  Ás 18.00 horas intervirá José Ramón Rodríguez Lago,  profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo, co tema: A Igrexa católica e a transición á democracia en España

O martes, 12 de marzo, ás 16.30 horas, falará o profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo e titor UNED Ourense, Julio Prada Rodríguez, sobre As dereitas españolas no tardofranquismo e a transición á democracia. Seguiralle José Luis Barreiro Rivas, profesor titular de Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela, quen fará unha exposición sobre As claves políticas, económicas e sociais da Transición española (1975-1982)

A matrícula é gratuíta ata cubrir o número de prazas, que son 50. No Comité Organizador están María Concepción Álvarez Gómez, secretaria do Centro  UNED de Ourense e profesora titora do devandito Centro;  Jesús de  Juana López, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo e profesor titor da  UNED así como Julio Prada Rodríguez, profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo e titor da  UNED.

No Comité Científico figuran Juan  Andrés Branco Rodríguez, catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Salamanca; o catedrático Jesús De  Juana López e os profesores titulares de Historia Contemporánea da  Uvigo, Luís Domínguez Castro, José Ramón Rodríguez Lago, Julio Prada e Domingo Rodríguez Teijeiro, estes dous últimos tamén profesores titores do Centro Asociado á  UNED en Ourense.

 A coordinación corre a cargo de Jesús de  Juana López e da dirección encárgase Julio Prada. Estas xornadas van dirixidas a estudantes de Historia, Xeografía e Historia, universitarios e interesados en xeral.

Os obxectivos esenciais das Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente pasan por achegar ao alumnado e ao público interesado algúns dos principais debates  historiográficos e as liñas de investigación relacionadas coa docencia da Historia Contemporánea e o Mundo Actual, tanto a nivel xeral como de Galicia. Na edición de 2019, ten como eixo de debate principal o proceso de transición á democracia en España e a Constitución de 1978.

En canto á metodoloxía, as xornadas teñen unha carga lectiva de 10 horas (6 presenciais e 4  online). As actividades  online consistirán na realización de diversas tarefas relacionadas cos relatorios presentados e/ou o material complementario posto a disposición dos asistentes.

Patrocina o  HCI: Grupo de investigación de Historia Contemporánea e colabora a Facultade de Historia da Universidade de Vigo.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense 32001 Ourense - Ourense. Tel. 988371444 info@ourense.uned.es