Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED Senior abre en Ourense prazo de matrícula para 20 prazas en dúas materias 

10 de enero de 2019

Ata o 31 de xaneiro poderán inscribirse os interesados na asignatura Personaxes que forxaron a nosa cultura, e na de A música na historia e no cine

OURENSE, 10 de xaneiro de 2019.-O Centro Asociado á  UNED en Ourense abriu un prazo extraordinario de matrícula na  UNED  Senior ata o 31 de xaneiro, para as 20 prazas dispoñibles nas seguintes materias do segundo cuadrimestre:

Personaxes destacados que axudaron a forxar a nosa cultura, que se imparte os luns, de 16.30 -18.30 horas:  10 prazas dispoñibles.  A docente é a profesora  Josefina  Pato  Lorenzo. As clases comezan o  11 de febreiro.

Para unha saúde integral: Música na historia e o cinema. Esta materia, que se imparte os xoves,  de 18.30 a 20.30 horas,  10 prazas dispoñibles. De impartir esta materia encárgase a profesora Tania Cid Rodríguez, e as sesións comezarán o  14 de febreiro. Os impresos para efectuar a matrícula están dispoñibles no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es