Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Xa podes depositar as túas pilas usadas en UNED Ourense

4 de diciembre de 2018

No vestíbulo instalouse un contedor para contribuir á protección do medio ambiente

OURENSE, 4 de decembro de 2018.- O Centro Asociado á  UNED en Ourense está comprometido co respecto ao medio ambiente. Por este motivo, unha das accións sinxelas que che ofrece como usuario do mesmo é a recollida das pilas que teñas na casa para depositalas no contedor situado no  vestíbulo do centro. Desta maneira faise máis cómodo e seguro o desprendemento dese material contaminante.

O contedor atópase no vestíbulo do Centro ao servizo de todos. Así se cumpre o desexo da dirección de contribuír ao máximo, tamén neste detalle concreto, en todo canto supoña diminuír calquera acción contaminante nas instalacións universitarias.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es