Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Posgraos para titulados extraneiros: estudar no maior campus de Europa

6 de abril de 2021

A UNED mantén aberto, ata o 12 de maio, o prazo para titulados extranxeiros que queiran seguir un dos seus 78 mestrados oficiais ou dos seus 20 programas de doutoramento. Os interesados terán que realizar dous trámites en paralelo, a preinscripción e a solicitude de autorización do reitor, tal como se reflicte nas bases da convocatoria. Unha vez cumpridos os requisitos poderán comezar os seus estudos no maior campus universitario de Europa. Nas tres semanas iniciais do periodo de inscripción consignouse un incremento de máis do 20 por cento nas solicitudes respecto ás mesmas datas do curso anterior.

OURENSE, 6 de abril de 2021.-Os estudantes que desexen seguir un posgrao na UNED realizarán a súa matrícula seguindo un procedemento específico que inclúe, por unha banda, a preinscrición, un trámite convencional para a maioría das matrículas e, por outro, a solicitude de autorización do reitor. Para iso envíase determinada documentación sobre a titulación, o certificado académico coas materias, créditos e notas obtidas, o número do pasaporte, o curriculum- vitae e todos os incluídos nas bases da convocatoria. Unha comisión de valoración estuda, unha a unha, as demandas recibidas, e emite un informe para a súa admisión polo reitorado.

Tanto para os estudantes da Unión Europea como para os extracomunitarios establécese unha táboa de requisitos centrada esencialmente no número de créditos necesarios para acceder aos posgraos. En xeral, precísase o título de Grao, con 240 créditos e catro anos de duración. Para titulados antes da implantación do EEES (Espazo Europeo de Educación Superior) algúns másteres permiten os títulos de Diplomado, Enxeñeiro técnico, son 180 créditos e 3 anos de formación; o resto, licenciados, enxeñeiro superior e arquitecto esixen 300 créditos e 5 ou 6 anos de estudo. Para o Doutoramento requírense 300 créditos, dos cales 60 han de pertencer ao nivel de Máster.

Internacionalización

Na pasada convocatoria rexistráronse unhas 900 solicitudes de titulados estranxeiros. O grupo máis numeroso, un 60 %, provén de Suramérica; o 30 % da UE e o 10 % restante de países extracomunitarios, especialmente de Marrocos, China e Guinea, por esta orde. Nestas primeiras semanas detectouse un incremento superior ao 20 % nas solicitudes de matrícula.

O fortalecemento da promoción internacional da UNED está a contribuír ao incremento da demanda internacional. Nos últimos meses e baixo o lema “O maior campus de Europa”, a UNED estivo presente nalgúns dos escenarios de procedencia con maior crecemento entre os titulados estranxeiros: Marrocos, América do Sur e Filipinas. A ampla oferta educativa, a calidade, a flexibilidade e a extensa rede de centros nacionais e internacionais conforman algúns dos principais atractivos á hora de elixir universidade en España. “A presenza da UNED nas distintas feiras internacionais foi fundamental para fomentar a expansión internacional, conquistar novos mercados, captar futuros estudantes e dar un maior impulso ao número de solicitudes de estudantes estranxeiros na nosa Universidade. Desde a área de Comunicación e Marketing promovemos a presenza da UNED en importantes feiras virtuais e webinars organizadas pola UE en Xapón, Luxemburgo ou Filipinas, tamén en Latinoamérica ou Marrocos da man do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), cun sobresaliente éxito de participación que excedeu os 10.000 visitantes e interesados na nosa oferta académica”, indica Claudia Sevilla, directora de Comunicación e Gabinete.

Aida Fernández Vázquez

Comunicación UNED

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es