Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense promociona os viños e pratos típicos da boa mesa provincial nun curso ante os outros 13 centros asociados do Campus Noroeste

9 de noviembre de 2020

O venres ofrecerá a intervención de Jorge Vila dentro do ciclo Cultura do viño e gastronomía organizado desde o Campus

OURENSE, 09 de novembro de 2020.- Este venres, día 13 de novembro, UNED Ourense ofrecerá desde o seu Centro Asociado a todo o Campus Noroeste da UNED así como a toda a sociedade ourensá a conferencia Cultura do viño e gastronomía en Ourense,  que pronunciará Jorge Vila, fundador e director de Galicia.wine. O acto comezará ás 19.00 horas e poderá alongarse ata as 20.30 horas. A UNED presumirá da riqueza de viños e pratos ourensáns que serán mostrados aos 14 centros asociados que integran o Campus Noroeste e que están distribuidos en Galicia, Asturias, Castilla y León así como en Extremadura. Jorge Vila ofrecerá datos significativos das catro denominacións de orixe de viños asentadas en territorio ourensán e os menús típicos da nosa terra así como os doces, para ver que viños combinan mellor con toda esta riqueza que satisface o paladar.

Pero antes da cita coa gastronomía e os caldos ourensáns, o público poderá seguir tamén outras dúas conferencias. Unha o martes, 10 de novembro, tamén ás  

19:00 horas, na que intervirá, desde o Centro Asociado de UNED Pontevedra María del Rocío Acha Barral conservadora de Museos do Viño e directora do Mestrado de Museos do Instituto Iberoamericano de Museoloxía. Á mesma hora, pero o xoves, día 12, intervirán desde UNED Ponferrada Óscar Cela Cobo, enxeñeiro e  emprendedor así como Olga Verde Vieitez, presidenta de Bierzo Enoturismo. O título do relatorio compartido é: Visións que suman: Tecnoloxía e turismo sostible no mundo do viño.

   

A conferencia prevista desde Ourense pode seguirse tamén presencialmente desde o Centro Asociado á UNED. Neste caso é preciso reservar asento mediante o enderezo de correo info@ourense.uned.es. O aforo será limitado por razóns obvias. 

A ligazón para seguir tanto a conferencia desde Ourense como as que se emiten desde outros centros asociados do Campus Noroeste atópase premando aquí . Recorda que para poder formular preguntas tes que te inscribir gratuitamente nesta outra ligazón.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es