Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

¡Comezan as clases!

2 de octubre de 2020

O luns, día 5 de outubro empezan as titorías para os estudos de Grao e Curso de Acceso 

OURENSE, 2 de outubro de 2020.-O vindeiro luns, 5 de outubro, comezan as titorias para todos os estudos de Grao e Curso de Acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos. As titorías do CUID para estudar idiomas a distancia, comezarán o 3 de novembro

Horarios

Podes consultar os horarios provisionais de impartición das titorías do centro Asociado de Ourense e Aula Universitaria de Valdeorras pulsando aquí.

Calendario

Lembra tamén consultar o Calendario académico curso 2020-2021 con todas as datas importantes deste curso pulsando aquí.

Lembrámosche que os días 8 e 9 de outubro non haberá titorías porque serán as Xornadas de Portas Abertas. Consistirán en senllas conferencias de benvida que se emitirán ás 18.00 horas eses días. Van destinadas aos novos alumnos e para participar e seguilas en directo deberán inscribirse na seguinte ligazón.

E se aínda non te matriculaches na UNED...

Aínda estás a tempo!

Coñece o noso Plan de Continxencia e Protocolo de Adaptación cara o comezo do curso 2020-2021 en UNED Ourense. 

Coñece como se estuda na UNED

Entérate do noso Plan de Acollida

Ata o 22 de outubro podes matricularte en 28 graos, 11 graos combinados, 79 másteres e do Curso de Acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos.Se queres coñecer máis sobre a nosa oferta académica, todos os graos, másteres, formación permanente, etc..., pulsa aquí

E se o que queres é estudar idiomas a distancia, o CUID ten aberta a matrícula ata o 3 de novembro. Consulta todos os niveis e idiomas que podes estudar connosco pulsando aquí

Lembra que a UNED non ten notas de corte e é a universidade con máis experiencia en formación a distancia. A nosa longa traxectoria na formación a distancia, así como a experiencia na formación online e semipresencial, levounos a ser a maior universidade española en número de estudantes, coa súa media de 200.000 matrículas cada curso, en Grao, Posgrao, títulos propios, Acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos, UNED Senior e Idiomas. 

Durante esta pandemia, non sacrifiques os teus estudos e estuda a distancia, ao teu ritmo, con titorías e clases online, cunha ampla rede de apoio e de servizos á túa disposición. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es